luns, 7 xullo 2025

Vigo consolida a planta de chips fotónicos coa formalización do acordo entre investidores

SPARC Foundry e os seus principais investidores- Indra Group, a SETT e Vigo Activo da Zona Franca- formalizaron este luns ante notario o acordo de investimento para a súa futura planta de chips fotónicos en Vigo. O acto tivo lugar nas instalacións do Consorcio Zona Franca de Vigo e contou coa presenza de Abel Caballero, alcalde de Vigo; David Regades, delegado de Zona Franca de Vigo; Javier Ponce, director xeral da Sociedade Española para a Transformación Tecnolóxica (SETT); Héctor Álvarez, director de Estratexia de Indra Group; e Francisco Díaz, CEO de SPARC.

Vigo rexistra unha ocupación hoteleira do 85% na fin de semana

luns, 7 xul 2025

O alcalde cualifica de "altísima" a cifra para ser a primeira fin de semana de xullo. "Isto sinala un nivel excepcional", afirmou, para reivindicar o turismo de Vigo "de calidade a amable" apostando por "mantelo deste xeito". Para o rexedor o turismo era un dos obxectivos da cidade "e agora xa é a cidade turística máis importante de Galicia".

Os museos municipais ofrecen as últimas prazas nos campamentos de verán para nenas e nenos de 5 a 12 anos

luns, 7 xul 2025

As familias interesadas en que as súas nenas e nenos de 5 a 12 anos de idade participen nunha das actividades de verán organizadas nos museos municipais de Vigo poden acceder a unha das últimas prazas. "Verbum creativo" desprega, nas tres semanas do 8 ao 24 de xullo, de 17,30 a 19,30, senllos programas creativos. O Pazo Quiñones de León será escenario do 19 ao 22 de agosto; así como do 26 ao 29 de agosto e do 2 ao 5 de setembro, de 10.30 a 13.30, da iniciativa "Verán non Pazo de Castrelos". A Casa das Artes e a Pinacoteca acollen "Cidade de Verán" do 29 de xullo ao 1 de agosto; do 5 ao 8 de agosto, e do 12 ao 14 de agosto, de 11.00 a 14.00 horas. Todas as actividades son gratuítas, previa inscrición no correo electrónico museoseduca@org ou no número 615258531.

O alcalde recibe á Confraría do Cristo da Victoria

luns, 7 xul 2025

Abel Caballero mantivo un encontro este luns cunha representación da Confraría, encabezada por Marora Martín-Caloto, Irmá Maior do Cristo da Victoria desde o ano 2005, con quen abordou o desenvolvemento da procesión deste 2025 que, como cada ano, percorrerá as rúas da cidade o primeiro domingo de agosto.

Caballero recibe aos máximos responsables da Comisión de Energía e Auga de Xeorxia

luns, 7 xul 2025

O alcalde e o segundo tenente de alcaldía recibiron este luns a unha delegación con seis membros da Comisión Nacional de Enerxía e Auga de Xeorxia, considerados como os máximos responsables da GNERC; así como a tres integrantes da delegación de Aqualia en Xeorxia; e a dous representantes de Aqualia en España. Entre os participantes da delegación xeorxiana atópase Davit Narvania, exministro de Enerxía de Xeorxia e exalcalde de Tiflis. A comisión xeorxiana é o organismo que regula os prezos da enerxía, a auga e o gas, ademais aprobar os investimentos e a xestión para todo o país e as empresas do sector.