xoves, 10 xul 2025
O alcalde informou este xoves da posta en marcha do procedemento administrativo para desenvolver unha nova ordenanza de vivendas turísticas na cidade “coa mellor das vontades, compatibilizando o seu uso, garantindo a convivencia coas vivendas residenciais e dando seguridade xurídica”.
xoves, 10 xul 2025
Abel Caballero recibiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, que ten varios actos ao longo da xornada en Vigo. Tras a reunión, os dirixentes compareceron para anunciar a resolución do PERTE Mar - Industria, que asigna 18 dos 40 millóns a empresas do sector en Galicia. "Vigo, capital pesquera da Unión Europea", afirmou Planas ao momento que puxo de manifesto "o logro en abril do ano 2024 de que a Comisión dera luz verde ao PERTE Mar - Industria tras a negociación do Goberno de España, o que supón mellorar na competitivide e sostibilidade do sector pesqueiro". O alcalde celebrou o apoio do Goberno de España ás empresas e á industria de Vigo.
xoves, 10 xul 2025
Abel Caballero e a concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, recibiron este xoves aos cen nenos saharahuís acollidos por familias de Vigo dentro do programa "Vacacións en Paz". O Concello de Vigo, que achega 70.000 euros á iniciativa solidaria organizada por Solidariedade Galega con Pobo Saharauí, consolídase como o máis solidario de España ao rexistrar o maior número de acollementos, con 100 dos 300 nenos que gozarán das súas vacacións en Galicia. Caballero animou aos menores a gozar da súa estadía na cidade e felicitou ás familias acolledoras e a Maite Isla pola súa contribución ao benestar das nenas e nenos saharahuís. Maite Isla trasladou o agradecemento a Abel Caballero pola acollida en Vigo e polas actividades organizadas polo Concello como as viaxes pola ría.