Escoitar

A Pinacoteca Fernández del Riego acolle ata outubro a mostra "Irene Ceballos. Relato verídico da viúva de Policarpo Sanz"

A Pinacoteca Fernández del Riego acolle, desde hoxe ata o 19 de outubro, a exposición “Irene Ceballos. Relato verídico da viúva de Policarlo Sanz”. Máis de 30 obras do legado do filántropo integran a mostra que evidencia o carácter “dunha muller excepcional”, que mantivo con Vigo “máis vínculos dos que se pensan”, segundo destacou Abel Caballero.

mércores, 9 xul 2025

O alcalde, a primeira tenente de Alcaldía, Carmela Silva, o concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, o director dos museos municipai,s Xosé Manuel Rey, e a comisaria da mostra Beatriz Liz de Cea, presentaron este mércores a segunda mostra de 2025 sobre Irene Ceballos, viúva de Policarpo Sanz, despregada ata o 19 de outubro na Pinacoteca Fernández del Riego.

O rexedor afirmou hoxe que Irene de Ceballos foi unha muller “única e vitalmente importante para Vigo, con importantes vínculos coa cidade, remarcando que coa mostra “Irene Ceballos. Relato verídico da viúva de Policarpo Sanz” o Concello aumenta a visibilidade pública da súa achega a Vigo e das súa sensibilidade cultural.

O alcalde incidiu en que Ceballos “definíase por si mesma”, polo seu amor á cultura e á arte, e non por ser a muller ou a viúva de Policarpo Sanz, e lembrou que o instituto das Travesas leva o seu nome. Adiantou tamén a súa idea de "debe poñerse o seu nome" a algunha rúa de Vigo.

A mostra, ademais de expoñer máis de 30 pezas de arte, proxecta un documental sobre a súa vida realizado con intelixencia artificial.
 

Descargar todas as imaxes