Escoitar

As “Tardes no museo” comezan na Pinacoteca

A rede de museos municipais inicia este mércores as “Tardes no museo”, unha xornada para achegar a familias e ao público en xeral ás exposicións temporais e ás coleccións permanentes da rede. Celebrarase cada tarde de mércores; a primeira visita de hoxe será na Pinacoteca, e permitirá coñecer os diferentes museos municipais. "Tardes no museo' enmárcase no programa. educativo da área museística e contempla 465 accións para nenas e nenos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria: visitas guiadas, itinerarios temáticos, talleres, arqueoloxía experimental, contacontos… Está dotado cun importe anual de 50.000 euros.

mércores, 9 xul 2025
Descargar todas as imaxes