Abel Caballero visita o campamento de Alcabre
Cincuenta nenas e nenos de entre 4 e 12 anos participan esta quincena no campamento municipal do programa “Verán Xove” en Alcabre, que visitou esta mañá o rexedor, que puido ver algúns dos xogos de auga, obradoiros e accións de teatro que realizan. O Concello ofrece este verán máis de 4000 prazas en 15 campamentos en diferentes espazos da cidade. Van desenvolverse desde o 23 de xuño e ata o 29 de agosto co fin de facilitar a conciliación familiar e laboral.
