Escoitar

As reservas para Rozalén sairán á venda o 14 de xullo

O rexedor vigués recordou que a artista albaceteña actuará no auditorio natural de Castrelos o vindeiro xoves 24 de xullo.

luns, 7 xul 2025

Abel Caballero explicou esta mañá os detalles de venda das 5.000 localidades para poder gozar dende a platea de Castrelos de Rozalén, das que explicou que teñen un custo de 10 euros. A venda para o terceiro dos concertos do “Vigo en Festas 2025”, terá lugar o vindeiro luns 14 de xullo, seguindo o sistema posto en marcha na anterior edición, polo Concello de Vigo. Poderanse adquirir un total de 5.000 localidades, 4.000 de xeito presencial no auditorio de Castrelos e 1.000 en liña.

Para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario de traballo, as entradas sairán en dúas quendas (en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas). En cada quenda estarán á venda 2000 reservas físicas e 500 de xeito online. Cada persoa poderá retirar 4 reservas “que son nominais e intransferibles”, polo que terán que acudir cunha copia do DNI (ou outro documento identificativo) das persoas para as que queira adquirir a reserva.

Descargar todas as imaxes

Máis información