Caballero anuncia o inicio da licitación da humanización de viarios no rural
mércores, 8 feb 2023A Xunta de Goberno aprobará este xoves a humanización dunha vintena de rúas cunha inversión de 1.284.000 euros.
A Xunta de Goberno aprobará este xoves a humanización dunha vintena de rúas cunha inversión de 1.284.000 euros.
O alcalde deu conta da evolución das obras de humanización na Praza Francisco Fernández del Riego que “queremos que sirva para desenvolvementos culturais e concertos”.
O alcalde avanzou esta mañá a previsión de rematar a humanización da rúa Val Mlñor na zona que circunda ao estadio de Balaídos. O goberno local aprobou un proxecto que conta cun orzamento de 1,8 millóns e unha previsión de execución de seis meses.
O goberno local deu luz verde á primeira fase do proxecto de humanización de Doutor Carracido, cun orzamento de preto de 350.000 euros. Trátase dunha actuación que se prolongará tres meses.
Abel Caballero deu conta da situación actual da grada, que xa conta con catro das sete pezas colocadas. O Concello tamén informou ao club da localización das 4 cantinas que terá a grada.
O alcalde mantivo un encontro co novo presidente da Federación, Iván Sanmartín, no que lle trasladou que o atletismo terá instalacións na grande cidade do deporte na Balsa e en Balaídos.
“Superamos a barreira dos 300.000 habitantes” apuntou o alcalde este mércores ao achegar o dato actualizado do Padrón municipal que, segundo avanzou, “segue medrando. Estamos tendo un reforzo moi importante de xente que se empadroa, superando amplamente os 300.000 habitantes”. Sobre as causas que explican este incremento poboacional, Caballero apuntou que “Vigo é unha cidade marabillosa na que a economía tira, cunha altísima calidade de vida” e malia que a pandemia debilitou a poboación de tódalas cidades “está habendo unha recuperación importante. Somos unha cidade de atracción”.
O alcalde visitou o remate das obras e inaugurou a obra da fase IV de Gregorio Espino que contou cun orzamento de 1.600.000 euros. Caballero tamén anunciou en rolda de prensa que proximamente comezará o contrato para a instalacións de lombos de asno e pasos elevados, maioritariamente no rural.
O alcalde avanzou esta mañá que na esquina entre Hernán Cortés e María Berdiales haberá unha praza pública de máis de 800 m2 que non se suporá custo algún para o Concello. Así consta no estudio detalle da zona que hoxe mesmo publicou o BOPP.
O Concello segue renovando a pavimentación da cidade e vén de sumar 25 novas rúas aos traballos xa en marcha. Dezaoito destas actuacións acometeranse no rural e están cofinanciadas coa Deputación de Pontevedra.