O Concello colaborará co cluster que aglutina as empresas de xeotermia de Galicia
Abel Caballero avanzou a posibilidade de apoiar na divulgación e na elaboración de proxectos conxuntos co Cluster de Xeotermia de Galicia (ACLUXEGA) dado que a maioría destas empresas están en Vigo. Así o acordaron esta mañá a longo dun encontro que mantiveron responsables da entidade e o alcalde, unha reunión na que tamén se puxo en valor o positivo impacto medioambiental do uso desta enerxía.