Escoitar

O rexedor agradece a promotores e patrocinadores privados a organización do Rallye Rías Baixas

Abel Caballero quixo facer esta mañá un especial recoñecemento aos patrocinadores privados do Rally Internacional Rías Baixas "nestes tempos tan difíciles". Durante a presentación da 50 edición desta proba, tamén felicitou aos organizadores e fixo un especial chamamento á preservar á seguridade do público.

xoves, 22 mai 2014
1400759655rallye.JPG
Abel Caballero cualificou hoxe de "extraordinariamente" importante que o Rally Internacional Rías Baixas cumpra 50 anos. Durante a presentación da presente edición, que se celebrará o 20,30 e 31 de maio, Caballero felicitou aos organizadores no nome de toda a cidade xa que "son xeracións enteiras as que labraron a súa afección aos coches con este Rallye", engadiu. Dirixiu un especial agradecemento aos patrocinadores privados que "merecen a maior recoñecemento e divulgación" e aos organizadores porque "nestes tempos tan difíciles o moito máis complicado" sacar adiante eventos deste nivel.

Finalizou a súa intervención facendo unha chamada á seguridade, apelando a todos os asistentes a cumprir as normas da organización. Non esqueceu mencionar aos voluntarios q que fan posible o desenvolvemento do Rally Internacional Rías Baixas na cidade de Vigo.

Na rolda de prensa de presentación, tamén estaban presentes, o secretario Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia, José Ramón Lete; o vicepresidente de la Diputación de Pontevedra, José Manuel Figueroa; o director del IFEVI, Arsenio Prieto; o presidente de la Escudería Rías Baixas, Fernando Mouriño, e María Troncoso, representante de Coca Cola.

O 50º Rallye Internacional Rías Baixas é a terceira proba do Campeonato de España de Rallys de Asfalto, que chega a Vigo tras pasar por Canarias e Córdoba, e conta con 81 inscritos. Ademais, o rally vigués é puntuable para a Copa Suzuki Swift 2014, la Beca RMC 2014, la Mitsubishi Evo Cup 2014 e a Copa Dacia Sandero - Rallye Cup RFEDA 2014.

O Rías Baixas estará presente en Vigo, Nigrán, Fornelos, Ponteareas e As Neves. A proba arrancará o venres 30 de maio da Porta do Sol, e o percorrido será Policarpo Sanz, Colón, Urzáiz, Gran Vía, Plaza de España e Avenida de Madrid, para dirixirse á primeira especial cronometrada do rallye. O sábado 31, a cerimonia de entrega de premios será na rúa Príncipe.
Descargar todas as imaxes