Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 22 mai 2014
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 23 DE MAIO DE 2014.


1.- Acta da sesión ordinaria do 9 de maio de 2014.

BOMBEIROS
2.- Nomeamento dirección de obra e dirección de execución da obra de establecemento, mellora e ampliación dos servizos de extinción de incendios no Parque Central de Teis. Expte. 3449/213.

CONTRATACIÓN
3.- Proposta de aprobación da prórroga do Plan de ocupación e explotación de servizos nas praias. 2014. Expte. 9978/306.

4.- Devolución de garantías:

a) LTM, Servicios Bibliotecarios. Expte. 4767/241.
b) Ecovigo Publicidad, S.L. Expte. 4824/241.

EDUCACIÓN
5.- Prórroga do contrato para a xestión do "Programa de Educación Básica de Persoas Adultas". Expte. 13263/332.

6.- Devolución de fianza: Giza Ingeniería, S.L. Expte. 14898/332.

FESTAS
7.- Convenio de colaboración coa Confraría do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas para a organización do "Festival Poético Piromusical" de Bouzas 2014. Expte. 5550/335.

8.- Relación de contratos menores do servizo de Festas correspondente ao mes de abril de 2014. Expte. 5636/335.

RECURSOS HUMANOS
9.- Proposta de resolución de reclamacións de axudas socio-sanitarias 1º fase 2014. Expte. 25201/220.

10.- Proposta de resolución de alegacións presentadas ás bases específicas OEP 2010-2011 2ª Fase. Expte. 24735/220

11.- Dar conta da Resolución do concelleiro de Xestión Municipal en relación coa suspensión de funcións de José M. Lemos Abreu. Expte. 25264/220.
TURISMO
12.- Proposta de desafectación do uso turístico: caseta Praza de España, kiosko Paseo de Alfonso e caseta sita no IMD-Samil. Expte. 5159/104.

13.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 23 de maio de 2014, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese aos Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e aos demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para os efectos de información.
Vigo, 21 de maio de 2014.


O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.