Escoitar

O Concello destina unha partida de 13.500 euros á loita contra os malos tratos

Abel Caballero firmou hoxe xoves un convenio coa Rede de Mulleres polos Malos Tratos, que supón un apoio económico por valor de 13.500 euros destinados a promover as actividades da rede e á loita pola igualdade e contra a violencia de xénero. Esta subvención, compleméntase con outras actividades municipais na defensa das mulleres vítimas de malos tratos como é o Centro de Emerxencia para toda Galicia, financiado integramente polo Concello.

xoves, 22 mai 2014
1400760063mulleres.JPG
O alcalde mantivo esta mañá un encontro coa Rede de Mulleres polos Malos Tratos para firmar un convenio de 13.500 euros que irán destinados a apoiar as actividades da rede, á promoción da igualdade e a seguir fomentando a loita contra a violencia de xénero "a todos os niveis e en todos os lugares" manifestou Caballero, quen ademáis quixo salientar a importancia da rede de servicios específicos en Vigo, deseñada polo Concello, e que abrangue dende un Centro Municipal de Información dos dereitos da muller ou unha Rede Municipal de acollemento, ata un Centro de Emerxencia para toda Galicia.

Abel Caballero subliñou que a Rede de Mulleres polos Malos Tratos é unha realidade grazas ao "inmenso esforzo das mulleres que a compoñen" e ao apoio do Concello, xa que "ninguén máis a apoia".
Descargar todas as imaxes