Vigo será o punto de saída dunha regata remo Meira-Tirán o próximo mes de xuño
O rexedor recibiu na mañá deste mércores aos organizadores da regata de remo Meira Tirán que celebrará o próximo mes de xuño a súa primeira edición desde Vigo, e que pretende ser unha reproducción en alto nivel da regata Cambridge–Oxford, segundo explicou Caballero.
"É unha idea atractiva e hai que apoiar e impulsar o remo en Galicia", foron as verbas do rexedor tras o seu encontro cos organizadores da primeira regata Meira Tirán que partirá de Vigo e na que será o alcalde será o encargado de dar a saída. Deste xeito, os equipos máis galardoados do remo galego daranse cita o próximo mes de xuño na primeira edición da proba de remo que partirá dende Vigo ata Meira para, posteriormente, continuar pola zona da costa do Morrazo. A competición pretende ser "unha reproducción en alto nivel da regata Cambridge – Oxford", dixo o rexedor, e terá unha duración de entre 19 e 23 minutos, dependendo do estado do mar. Ademáis os organizadores pretenden mantela para que adquira certa continuidade, de xeito que a do próximo mes de xuño, sexa a primeira de sucesivas regatas na nosa ría. A data exacta aínda está por confirmar, xa que depende dos medios de comunicación que farán a retransmisión.
Descargar todas as imaxes