martes, 20 maio 2014

O goberno local achega 312.000 euros a oito entidades deportivas da cidade

O alcalde rubricou hoxe martes os convenios de colaboración por valor de 312.000 euros, un adianto dos 448.000 euros de subvención total que achega este ano o Concello ao Sárdoma CF, o AMFIV, o Xuvenil de Teis, o Olivo, o Bosco, o Octavio, o Vigo Volei e o Vigo Rugby. Ademais, Caballero cifrou en 950.000 euros o apoio ao deporte de base vigués.