Escoitar

A telefonía móbil suscita o maior número de reclamacións na Oficiña Municipal do Consumidor

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor, recibiu, no que vai de ano, máis de 5.000 consultas, 218 corresponderon a dudas e queixas sobre telefonía móbil. A concelleira de Medioambiente e Xuventude, Chus Lago, alertou dos perigos de non especificar nos contratos telefónicos o servizo de mensaxería Premium.

luns, 19 mai 2014
1400504750chus.JPG
A concelleira de Medioambiente e Xuventude, Chus Lago, fixo balance na mañá deste luns, das estadísticas de consultas á OMIC no que vai de ano 2014, sendo a telefónia móbil o sector que máis queixas acumula. A Oficina Municipal de Información ao Consumidor recibiu aproximadamente 2.500 consultas presenciais e ao redor de 2.500 telefónicas. Durante a rolda de prensa, precisou que o que xenera máis dudas e reclamacións (218 en total) e son, sobretodo, queixas sobre os SMS chamados Premium que a maioría dos usuarios reciben sen ser contratados persoalmente e que xeneran por mensaxe, un coste de 1,20 euros máis IVA, provocando as subidas das facturas telefónicas de xeito, en moitos casos, desmesurado. Lago advertiu que a forma de previr este feito, pasa por deixar claro que non requerimos este servizo Premium cando contratamos unha liña telefónica, e recordou ademáis que por ley, os usuarios poden acollerse ao seu dereito de pagar solo as chamadas que teñen contratadas.

Outros dos sectores a cerca dos que se recibiron máis dudas e queixas comprenden comercio (40 consultas), compañías aéreas (25), bancos (31) ou os que teñen que ver con facturación de gas e electricidade (16). Este balance apunta a que, en xeral, "baixaron significativamente as reclamacións na OMIC", pero en ocasións "hai repuntes significativos".
Descargar todas as imaxes