Escoitar

O alcalde di que as escaleiras mecánicas de Abeleira Menéndez son "a primeira actuación da historia no Vigo vertical"

O alcalde deu conta do comezo hoxe dos traballos de vallado para a posta en marcha das escaleiras mecánicas de Abeleira Menéndez, unha vez realizadas as catas correspondentes para garantir a seguridade arqueolóxica. Caballero avanzou que o resultado destes traballos terá "gran afecto na mobilidade na cidade" xa que son a "primeira actuación da historia no Vigo vertical".

martes, 22 abr 2014
1398167461caballero.JPG
Os traballos de vallado para a instalación das escaleiras mecánicas de Abeleira Menéndez arrancaron hoxe e seguirán mañá coas catas de localización de servizos, segundo precisou esta mañá o rexedor. En rolda de prensa, augurou que este "notable" proxecto arquitectónico terá "gran efecto na mobilidade na cidade" e destacou que son a "primeira actuación da historia no Vigo vertical".

O ámbito de actuación vai desde a Porta do Sol ata a Fonte de Baixada a Príncipe, situdada aproximadamente na zona central da rúa II República. Precisou o alcalde que os traballos contan con control arquolóxico, unha supervisión que xa se iniciara coas catas iniciais correspondentes. O importe deste primeiro tramo supón máis de 400.000 euros e conta un prazo de execución de 5 meses.

Na primeria fase, sálvase un desnivel de 9,86 metros e abrangue os tres primeiros tramos de escaleiras existentes. Nesta período, prevése a instalación de dous tramos de escaleiras mecánicas e será preciso manter as existentes.
Descargar todas as imaxes