xoves, 24 abr 2014
O plan de asfaltados que está a axecutar o Concello de Vigo realizará melloras no firme en todas as parroquias e no casco urbano. Cun orzamento de máis dun millón de euros, os traballos, explicou o rexedor, están condicionados ás condicións climatolóxicas.
xoves, 24 abr 2014
O alcalde informou hoxe da apertura, este xoves ás 20 horas, da mostra "Arquivo Pacheco. Documento Gráfico", habilitada na Casa das Artes ata o próximo 30 de xuño. A exposición encádrase no labor que está a realizar o Concello recuperación, conservación, dixitalización e difusión dun Arquivo composto por 140.000 imaxes
xoves, 24 abr 2014
O alcalde, Abel Caballero, e o vicepresidente da Cámara da cidade mexicana, Gerardo Banuet, mantiveron hoxe xoves unha entrevista na que estudaron a posibilidade de establecer relacións institucionais entre ambas urbes, moi vencelladas á industria da automoción. Delegacións de Vigo e Celaya viaxarán a México e España en novembro e setembro, respectivamente.
xoves, 24 abr 2014
Tal e como explicou hoxe o rexedor, esta iniciativa permitirá aos vigueses achegarse a "ese gran descoñecido" que son os montes de Vigo. Acompañado da concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, fixo un chamamento á participación nunha actividade complementaria ao exitoso proxecto Camiño a Camiño, que conta nestes momentos cunha participación de máis de 4.000 persoas.
xoves, 24 abr 2014
O concelleiro de Fomento participou hoxe xoves na presentación da 7ª edición de A Pedaliña, unha actividade de promoción do uso da bicicleta, organizada en colaboración con A golpe de pedal. O sábado 26 de abril haberá actividades lúdicas no Castro e o domingo 27 sairá as 11,00 horas unha marcha en bicicleta que partirá da Porta do Sol.
xoves, 24 abr 2014
Esta fin de semana, os pavillóns de Navia e Lavadores acollen as primeiras fases do Campionato de España Xuvenil de Balonmán, masculino e feminino, nos que os vigueses Academia Octavio e o Balonmán Lavadores participan, respectivamente, como campións galegos. De sair vencedores disputarán a fase final do Campionato.
xoves, 24 abr 2014
Esta fin de semana, o programa municipal de artes escénicas no Auditorio Municipal do Concello , Vigocultura, celebra o Día Mundial da Danza con dous espectáculos: o venres 25 haberá un festival Galaico-Portugués "Na Raia", e o domingo 27, a compañía viguesa A Produccións Artísticas presenta a obra "Menú vexetal".<br />
<br />
xoves, 24 abr 2014
A Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios acolle o venres, 25 de abril, a presentación do libro "O Gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte" de Irene Pérez Pintos e Rodrigo Pérez Pintos. O acto terá lugar ás 20 horas.