mércores, 23 abril 2014

O Concello reclama 35.000 euros a Facenda polo céntimo sanitario anulado por Europa

O alcalde informou hoxe mércores da reclamación efectuada polo Concello de Vigo ante o Ministerio de Facenda, correspondente ao gasóleo consumido entre os anos 2010 e 2012, unha vez que a xustiza europea invalidou o chamado céntimo sanitario. Os técnicos municipais estimaron a devolución en 35.000 euros, máis os xuros de demora, por máis dun millón de litros de gasóleo adquirido nos tres anos.

O Concello apoia os XVIII Xogos Olímpicos de baloncesto para persoas con discapacidade

mércores, 23 abr 2014

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, animou a todo Vigo a achegarse o próximo sábado ás Travesas para disfrutar dos XVIII Xogtos Olímpicos de baloncesto para persoas con discapacidade. Unha xornada deportiva, organizada por Special Olympics Galicia e FADEMGA FEAPS Galicia, e promovidos pola Asociación SAN FRANCISCO, de Vigo, que reunirá a máis de 300 deportistas.

O MARCO participa nunha experiencia de BOOKCROSSING xunto con 48 museos e centros de arte

mércores, 23 abr 2014

Este mércores, 23 de abril, 48 bibliotecas de museos e centros de arte e cultura inundarán as cidades de libros con motivo da celebración do Día Internacional do Libro. Estes centros únense nunha experiencia de Bookcrossing na que liberarán máis de 2.500 volumes relacionados con diferentes disciplinas. O MARCO únese, un ano máis, a esta experiencia e liberará un total de 80 catálogos en distintos puntos da cidade de Vigo, nunha iniciativa promovida pola Biblioteca-Centro de Documentación do Museo. A solta de libros iniciarase ás 11.00 da mañá fronte á fachada principal na rúa Príncipe.

Entrega do II Premio de Microrrelatos "Mulleres Progresistas"

mércores, 23 abr 2014

A entrega do II Premio de Microrrelatos "Mulleres Progresistas" será este mércores, 23 de abril, ás 17:30 horas na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Av. García Barbón, 5). É un acto aberto ao público e no que se contará coa presenza da Concelleira de Igualdade, Isaura Abelaira Rodríguez.