Escoitar

Concello e empresarios alertan da "perda da competetitividade" de Vigo coa nova lei xudicial

Nunha reunión co presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Luis Novoa, o alcalde constatou a existencia dunha "fronte moi ampla" na cidade en defensa do partido xudicial vigués. O anteproxecto de lei do Poder Xudicial priva a Vigo da súa autonomía e obriga a desprazarse a Pontevedra e A Coruña, un "golpe á economía da cidade".

martes, 22 abr 2014
1398167519cep.JPG
En declaracións aos medios de comunicación ao remate da entrevista, Abel Caballero explicou que ambos comparten a necesidade de manter o partido xudicial de Vigo, un rexeitamente "categórico" do anteproxecto de lei e a solicitude da "excepcionalidade" de Vigo na nova norma do Poder Xudicial.

De entrar en vigor a lei tal e como está neste momento redactada, Vigo sufriría un "golpe" á súa economía e "perda de competitividade" ao ter que desprazarse a Pontevedra e A Coruña, sedes únicas do Tribunal de Instancia Provincial e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia respectivamente, que concentrará esta última as apelacións de toda a comunidade. Caballero e Novoa comparten que Vigo debe ser unha excepción na lei pola súa singularidade, por exemplo, no número de causas xestionadas, superior á do resto das cidades galegas.
Descargar todas as imaxes