venres, 25 abr 2014
O alcalde anunciou este venres que a xunta reitora do Padroado se reunirá o próximo día 30 de abril e valorará a solicitude, cursada desde Vigo, de impartir na cidade olívica os graos de Dereito, Enxeñería en Tecnoloxías da Información, Enxeñería Informática, Turismo e Educación Social desde o próximo curso 2014/15.
venres, 25 abr 2014
Cun importe de 348.019 euros, arrancou a segunda e última fase das obras do Centro Galego de Fotografía o que permitirá a súa posta en funcionamento. Tal e como explicou hoxe o rexedor, esta dotación cultural supuxo un investimento de 1,2 millóns de euros e terá 936 m2 útiles.
venres, 25 abr 2014
O Pazo Quiñones de León foi o espazo elixido para darlles á benvida á cidade a un grupo de 500 antiguos traballadores de Telefónica que se reúnen cada ano nunha cidade de España e nesta ocasión decatáronse por Vigo. Caballero, que explicou que algúns deles coincidiron en activo na súa etapa de ministro, destacou a importancia deste tipo de visitas na pontenciación do turismo e da hostelería da cidade.
venres, 25 abr 2014
A Concellería de Emprego, Participacion Cidadá e Voluntariado programa para os meses de maio, xuño e setembro un curso de iniciación á Informática e Internet nos Centro Municipal de Casco Vello, Teis, Sains e Coruxo.