Escoitar

O goberno local inicia a última fase das obras do Centro Galego de Fotografía

Cun importe de 348.019 euros, arrancou a segunda e última fase das obras do Centro Galego de Fotografía o que permitirá a súa posta en funcionamento. Tal e como explicou hoxe o rexedor, esta dotación cultural supuxo un investimento de 1,2 millóns de euros e terá 936 m2 útiles.

venres, 25 abr 2014
Abel Caballero deu conta do inicio das obras da segunda fase do Centro Galego de Fotografía, cun importe de 348.019 euros. A Xunta de Goberno local deu luz verde hoxe a unha "modificación do Plan de Saúde dunhas obras que permtirián que o edificio esté disposto para a instalación de mobiliario e equipos e, polo tanto, para súa posta en marcha definitiva. Segundo detallou o rexedor, os traballos contemplan a albañilería, a carpintería, pintura e remates, nunha actuación nun edificio de 936 m2 útiles, divididos en soto, pranta baixa e andares 1 e 2.

Cun orzamento de 1,2 millóns de euros, preténdese darlle un pulo á zona histórica da cidade, que xa abandonou o deterioro, puntualizou, coa rehabilitación arquitectónica e urbanística, o que leva aparellado unha recuperación tamén social, cultural e económica.


A Xunta de Goberno local tamén deu luz verde a unha subvención de 140.000 euros para o Museo Liste e o CAT (Centro de Artesanía Tradicional) para o exercicio 2014. A este respecto, Caballero lembrou que os museos da cidade a día de hoxe están sendo financiados "na práctica totalidade" de xeito exclusivo polas arcas municipais.

Outro dos asuntos dos que deu conta o alcalde foi a tramitación do expediente de renovación das redes de saneamento no casco urbano, casi 600.000 euros. En primeiro lugar, actuarase no entorno Cordoeira (na zona de atrás do Alcampo de Coia), coa renovación dos colectores centrais, das redes de abstecemento e de reposición do pavimento, tanto no eixo da urbanización como no Camiño Cordoeira. Executarase tamén a humanización de Couto Piñeiro, coa renovación completa da rede de saneamento e abastecemento, a reposición da calzada con beirarrúas de pedra e reposición do firme, actualizarase o alumeado e renovación de farolas. Por último, en Esperanto, construirase un novo colector e renovarase a rede de abastecemento e o firme.