Escoitar

Convocatoria de dúas bolsas de formación para a realización de prácticas no departamento de educación de Vigozoo para o ano 2014

venres, 25 abr 2014
Na páxina web municipal (www.vigo.org) e nos taboleiros de edictos do Concello de Vigo e de anuncios do Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo, e no Boletín Oficial da Provincia número 75 de data 21 de Abril do 2014, publicouse anuncio coas bases xerais da convocatoria e a convocatoria de dúas bolsas de formación para a realización de prácticas no Departamento de Educación do Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo, no ano 2014.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partir da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.