O alcalde subliña a "seguridade xurídica do Plan Xeral de Vigo" tras novas sentenzas favorables
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou un recurso contra a aprobación do PXOM vigués sobre a ubicación da depuradora. Tras unha nova resolución a prol do interese municipal, Abel Caballero concluíu que "seguimos xuntando sentenzas favorables ao Plan Xeral que garanten o cumplimento, a lei e a seguridade xurídica" do documento.
O rexedor explicou que o alto tribunal desestimou a demanda interposta pola Asociación de Veciños de Coruxo pola ubicación da depuradora xa que non se comproba a invasión do solo de especial protección, nin os 20 primeiros metros de servidumbre de protección nin o solo rústico protexido dos espazos naturais da xunqueira do Lagares.
A Asociación Veciñal demandara ao Concello de Vigo, á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Medioambiente pola ubicación da nova depuradora, recurso presentado contra a aprobación do Plan Xeral que o TSXG desestimou. Caballero tamén deu conta doutra resolución do nomeado tribunal, favorable ao Concello, na que un particular denunciaba a localización de liñas de alta tensión en Coruxo e Saiáns, ademáis dunha subestación eléctrica.
Ambas resolucións xudiciais pasaron este venres pola sesión ordinaria do Consello municipal da Xerencia de Urbanismo, na que tamén deuse conta da formación da conta xeral do organismo autónomo de 2013. Caballero apuntou ao respecto que o pasado ano continuou a mellora dos resultados económicos e do saneamento das contas, a contención do gasto e o esforzo na xestión dos ingresos.
A reunión desta mañá tomou coñecemento asemade da concesión de 12 licenzas de obra e 2 de actividade para un investimento total de 585.000 euros.
Descargar todas as imaxes