Escoitar

Caballero eloxia o nivel do balonmán vigués, que representa a Galicia no Campionato de España Xuvenil

Esta fin de semana, os pavillóns de Navia e Lavadores acollen as primeiras fases do Campionato de España Xuvenil de Balonmán, masculino e feminino, nos que os vigueses Academia Octavio e o Balonmán Lavadores participan, respectivamente, como campións galegos. De sair vencedores disputarán a fase final do Campionato.

xoves, 24 abr 2014
1398352692balonmano.JPG
Do 25 ao 27 de abril, Vigo acollerá as primeiras fases do Campionato de España Xuvenil de Balonmán masculino e feminino, sendas liguillas de catro clubs nos que Galicia estará representada polo Academia Octavio e o Balonmán Lavadores. Os campións xogarán a fase final contra os outros sete mellores equipos de España.

Durante a presentación ante os medios, o alcalde de Vigo eloxiou o nivel do balonmán vigués e felicitou aos deportistas. O Academia Octavio, campión galego, organiza a primeira fase do Campionato estatal masculino, que terá lugar no pavillón de Navia e enfrontará aos vigueses coa Ademar León (subcampión de Castela e León), o Academia Balonmán Alcobendas (subcampión madrileño) e o Balonman Colindres (campión de Cantabria). A fase final do estatal celebrarase a mediados de maio entre o vencedor deste cadro e dos outras sete competicións de zona.

No tocante á disputa feminina, o Balonmán Lavadores é o club encargado de organizar -no pavillón de Lavadores- o sector A do Campionato de España, composto polas campionas galegas e o Balonmán Alcobendas (subcampionas de Madrid), o Balonmán Palencia (subcampionas de Castela e León) e o Balonmán Gijón (campionas de Asturias).
Descargar todas as imaxes