Escoitar

O Concello reclama 35.000 euros a Facenda polo céntimo sanitario anulado por Europa

O alcalde informou hoxe mércores da reclamación efectuada polo Concello de Vigo ante o Ministerio de Facenda, correspondente ao gasóleo consumido entre os anos 2010 e 2012, unha vez que a xustiza europea invalidou o chamado céntimo sanitario. Os técnicos municipais estimaron a devolución en 35.000 euros, máis os xuros de demora, por máis dun millón de litros de gasóleo adquirido nos tres anos.

mércores, 23 abr 2014
1398253960abelcaballero.jpg
Abel Caballero explicou hoxe mércores que o goberno local ven de cursar unha reclamación de 35.000 euros ante o Ministerio de Facenda tras a anulación do coñecido como céntimo sanitario pola xustiza europea.

O alcalde informou que esta valoración, efectuada polos técnicos do Concello, responde ao consumo municipal de gasóleo dos anos 2010, 2011 e 2012, máis dun millón de litros de combustible que suporían o cobro indebido de 35.000 euros, máis os xuros de demora, en concepto do anulado céntimo sanitario. Caballero adiantou que procederá, por mecanismos xurídicos, á devolución correspondente aos anos anteriores, "indebidamente cobrado polo Ministerio de Facenda e a Xunta de Galicia".
Descargar todas as imaxes