Escoitar

Vigo e Celaya entablarán relacións institucionais en torno á industria do automóbil

O alcalde, Abel Caballero, e o vicepresidente da Cámara da cidade mexicana, Gerardo Banuet, mantiveron hoxe xoves unha entrevista na que estudaron a posibilidade de establecer relacións institucionais entre ambas urbes, moi vencelladas á industria da automoción. Delegacións de Vigo e Celaya viaxarán a México e España en novembro e setembro, respectivamente.

xoves, 24 abr 2014
1398353096celaya.JPG
O representante da cidade mexicana planteou ao alcalde vigués o seu desexo de entablar relacións institucionais entre ambas cidades, sobre todo en torno á automoción, indicou Caballero.

Celaya produce dous millóns de vehículos anuais, fundamentalmente para o mercado americano, e está interesado en coñecer o know-how vigués na materia, polo que unha delegación comercial mexicana visitará Vigo en setembro. Pola súa banda, os vigueses, con 12 empresas en Celaya, visitarán México en novembro.

Abel Caballero sinalou que este tipo de relacións no ámbito tecnolóxico teñen "gran interese" para Vigo, tendo en conta que as industrias da automoción de ambas cidades non compiten no mesmo mercado: Celaya produce para América mentres que Vigo exporta no continente Europeo. O alcalde chamou a buscar elementos de "complementariedade".
Descargar todas as imaxes