Escoitar

A 7ª edición de A Pedaliña organiza o domingo unha marcha en bicicleta polo centro da cidade

O concelleiro de Fomento participou hoxe xoves na presentación da 7ª edición de A Pedaliña, unha actividade de promoción do uso da bicicleta, organizada en colaboración con A golpe de pedal. O sábado 26 de abril haberá actividades lúdicas no Castro e o domingo 27 sairá as 11,00 horas unha marcha en bicicleta que partirá da Porta do Sol.

xoves, 24 abr 2014
1398352814pedalina.JPG
O Concello de Vigo colabora un ano máis con A Golpe de Pedal para a posta en marcha de A Pedaliña que este ano volve organizar actividades para todos os públicos e idades ao longo do próximo fin de semana.

O sábado 26 de abril, o Monte de O Castro acollerá cursos de educación vial, exhibiciones de freeestyle, biketrial, tandem ONCE, talleres mecánicos, bicicletas eléctricas, un mini bike park, unha gymkhana de habilidade, unha ruta BTT, xogoes de mesa e infantís, entre outras moitas actividades. Ademáis, o domingo, 27, organízase unha marcha en bicicleta que, saíndo ás 11,00 horas da Porta do Sol, percorrerá gran parte da cidade para volver rematar ao punto de saída.

O concelleiro de Fomento animou a todo Vigo a participar desta actividade familar, aberta a todos os públicos durante a presentación, na que estivo acompañado por responsables de A Golpe de Pedal, así como patrocinadores como Fundación Celta de Vigo, ONCE, Novagalicia Banco, Froiz ou Mondariz, ademais distintas establecementos comercias da cidade, sen os que non sería posible realizar esta actividade.
Descargar todas as imaxes

Máis información