Escoitar

Concello e empresarios ven na perda da autonomía xudicial un "factor disuasor de establecemento de empresas en Vigo"

O alcalde reuniuse cos máximos responsables do Círculo de Empresarios de Galicia para valorar o anteproxecto de lei do Poder Xudicial, que obriga a Vigo a depender do Tribunal de Instancia de Pontevedra e a apelar no TSXG de A Coruña. As partes valoraron "negativamente" o texto e ven na carencia de partido xudicial propio un factor disuasorio na instalación de empresas na cidade.

xoves, 24 abr 2014
1398353182circulo.JPG
Abel Caballero entrevistouse hoxe xoves co presidente e vicepresidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Javier Garrido e Manuel Rodríguez, respectivamente, para estudar o anteproxecto de lei do Poder Xudicial, un texto que rexeitan ao perder Vigo a súa autonomía.

Caballero explicou ante os medios que os empresarios amosaron unha "profundísima preocupación" polo contido do anteproxecto, en especial pola "perda de competitividade" que sufrirá Vigo ao desprazar a Pontevedra o Tribunal de Instancia e ter que apelar na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en A Coruña.

O acordo foi "total" na necesidade de parar a lei, compartindo a "excepcionalidade" de Vigo, "única en España" ao presentar máis casos que a capital de provincia e tamén máis causas e poboación que a cidade sede do TSXG, onde radicará a apelación. Ademáis de conservar na cidade o seu propio Tribunal de Instancia, Caballero solicitou o desdoblamento do TSXG para que a apelación siga en Vigo.

O planteamento do alcalde e os empresarios fixo "especial fincapé na perda de competitividade empresarial" que significaría a entrada en vigor do anteproxecto, pois a perda da autonomía da xustiza e da apelación é "un factor disuasor de establecemento de empresas en Vigo", enfatizou Caballero.
Descargar todas as imaxes