Escoitar

O Concello realiza asfaltados e melloras de firme en todas as parroquias e no centro da cidade

O plan de asfaltados que está a axecutar o Concello de Vigo realizará melloras no firme en todas as parroquias e no casco urbano. Cun orzamento de máis dun millón de euros, os traballos, explicou o rexedor, están condicionados ás condicións climatolóxicas.

xoves, 24 abr 2014
1398353246asfaltados.JPG
O alcalde deu conta esta mañá de xoves da execución de asfaltados e melloras de firme en toda a cidade por un valor superior ao millón de euros. O plan, que xa arrancou aínda que ralentizado debido as condicións climatolóxicas, abrangue todas as parroquias: Alcabre, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Freixeiro, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Sárdoma, Saiáns, Teis, Valladares y Zamáns, cun orzamento de 639.500 euros.

Respecto ao casco urbano, está previsto actuar en Tomás Paredes, Túnel Traviesas, Gerona, José Frau, D. Quijote, Sergio Saborido, Cachamuíña, Caracas, San Amaro, Heraclio Botana, Ricardo Portela, Juan Ramón Jiménez e rúa Paz.

Caballero tamén se referiu a melloras de firme nestas rúas da cidade: Alfonso XIII, Avenida Atlántida, Avenida de Madrid, Balaídos, Buenos Aires, Camelias, Camiño Caramuxo, Cánovas del Castillo, Cañiza, Cervantes, Conde, Coutadas, Eduardo Cabello, Eugenio Arbones, Extremadura, Fernando el Católico, Florida, García Barbón, Gran Vía, Hispanidad, Jacinto Benavente, Lepanto, Llorente, Manuel Olivié, Marqués de Alcedo, Médico José Mato, Pablo Iglesias, Pastora, Pintor Laxeiro, Porriño, Portela, Puerto Rico, Ramón Nieto, República Argentina, San Amaro, San Gregorio, Sanjurjo Badía,Tomás Alonso, Tomás Paredes, Travesía de Vigo, Urzáiz, Vázquez Varela, Venezuela e Vía Norte. Ademáis, precisou, xa se fixeron melloras nas seguintes zonas: Glorieta Rosalía de Castro con República Argentina, Glorieta Puerto Pesquero, Glorieta Calle Coruña, VG-20, Marqués de Valterra e Avenida Castelao.
Descargar todas as imaxes