venres, 11 xul 2014
Abel Caballero informou hoxe venres da aprobación dos últimos trámites administrativos previos ao inicio "inmediato" da reforma desta rúa, desde a Travesía de Vigo ata a rúa Mestre Chané. O Concello ampliará as beirarrúas e manterá coa reforma as dúas liñas de aparcamento, incorporando novo arborado, zonas verdes e iluminación eficiente.
martes, 8 xul 2014
O goberno local concluíu os traballos do novo acceso peonil a Navia desde a VG20, con zonas verdes e estacionamentos, visitados este martes polo alcalde, quen recordou que o Concello está a construir no barrio unha escola infantil e un complexo deportivo de auga e xa rematou o aparcamento xunto ao polideportivo e a cuberta do colexio, obras que suman más de 10 millóns.
venres, 20 xuñ 2014
O alcalde informou este venres da aprobación, adoptada na Xunta de Goberno Local, dos proxectos de obras de reforma das rúas Iglesias Esponda, Martín Códax, Irmandiños e Calexón Rogelio Abalde, no entorno de Churruca, por importe superior ao medio millón de euros. <br />
xoves, 12 xuñ 2014
Abel Caballero visitou hoxe xoves os traballos de mellora que acomete o Concello en Jenaro de la Fuente, entre as rúas Aragón e Toledo, cun investimento total de 242.000 euros. A renovación, "a punto de ser acabada", incluirá novas canalizacións de servizos e a remodelación en superficie, con "mezclas e combinacións de cores".
mércores, 4 xuñ 2014
En sesión extraordinaria, o goberno local validou os proxectos de humanización das rúas Coutadas, Alonso Ojeda e Toledo e entorno, ademais das melloras de Roteas de Abaixo, Gandarón, Camiño Fermín, Bagunda, San Cosme e o treito entre a subestación eléctrica do Troncal, na Travesía de Vigo, e o Centro de Reflexión Eléctrico na rúa Hernán Cortés.
venres, 30 mai 2014
O alcalde informou dos principais asuntos abordados pola Xunta de Goberno Local deste venres, entre os que destaca a aprobación de humanizacións en Doutor Canoa, Baixada a Ríos e Doutor Corbal, por 345.000 euros, e dos proxectos de mellora da Subida á Madroa, Manuel Costas-Bastos, Subida á Mouteira, Seixo, Camiño Gándara e o acceso ao pavillón municipal de Coruxo, por 259.000 euros.
xoves, 29 mai 2014
O goberno local acomete este xoves a reforma do paso soterrado da Praza de América, obras de cambio de pavimentación, asfaltado e de cubrición reflectante para mellorar a luminosidade que conlevaron o peche da circulación durante a xornada. Se o tempo o permite, o tráfico recuperará a normalidade mañá.
venres, 23 mai 2014
Abel Caballero avanzou a posibilidade de apoiar na divulgación e na elaboración de proxectos conxuntos co Cluster de Xeotermia de Galicia (ACLUXEGA) dado que a maioría destas empresas están en Vigo. Así o acordaron esta mañá a longo dun encontro que mantiveron responsables da entidade e o alcalde, unha reunión na que tamén se puxo en valor o positivo impacto medioambiental do uso desta enerxía.
mércores, 14 mai 2014
O plan de asfaltados que está a axecutar o Concello de Vigo realizará melloras no firme en todas as parroquias e no casco urbano, agora que o tempo permite acometer estes traballos. No casco urbano, xa se realizaron melloras de firme por valor de 400.000 euros.
mércores, 7 mai 2014
O concelleiro de Fomento, David Regades, fixo balance dos primeiros meses de funcionamento da web do departamento, www.fomento.vigo.org, na que se informa das obras en marcha e do estado de execución das mesmas a tempo real. O edil subliñou que esta ferramenta, que visita cada vez máis xente, é empregada con asiduidade polas empresas na súa planificación.