O goberno local adica medio millón de euros a asfaltar 14 estradas das parroquias
O alcalde deu conta hoxe venres da adxudicación do precedemento para a contratación de obras de reforzo do asfaltado en 14 estradas de distintas parroquias da cidade. O orzamento ascende a case medio millón de euros.
O Concello vai reparar o asfalto de 14 estradas de distintas parroquias de Vigo cun investimento de 497.633 euros. O rexedor deu conta da aprobación na Xunta de Goberno Local da adxudicación do procedemento aberto para a contratación das obras de reforzo da capa de rodadura do firme no rural da cidade. Tal e como detallou o rexedor, a relación de rúas é a seguinte: Rúa Saa, Beade; avenida do Tranvía, Cabral; Ceip Carballal, Cabral; rúa Goleta, Candeán; rúa Portoloureiro, Castrelos; Camiño Romeo, San Andrés de Comesaña; Estrada de Fragoselo, Coruxo; Baixada a Pontenova, Freixeiro; rúa Leonardo Alonso; Severino Cobas, Lavadores; Camiño Raposeira, Sárdoma; Doutor Corbal; Teis; e Estrada Monte Alba, en Valadares.
Por outra banda, o alcalde tamén deu conta da aprobación da utilización de dúas parcelas municipais para novos hortos urbanos. Concretamente, Sardomela, 15, interior (Cabral) e Ramón Nieto, 266, interior (Lavadores). Deste xeito, ampliaráse a seis as hortas urbanas en funcionamento na cidade, xa que están en marcha as de Camelias, Teis, Ramón Nieto e Navia.
Descargar todas as imaxes