Escoitar
Este venres e sábado, con dúas pezas escénicas de Rui Catalão<br /> <br /> Dentro das palavras/Avenida dos bons amigos

Continúa o ciclo ‘Material Memoria’ no MARCO

Esta fin de semana continúa no Patio 1 da planta baixa do MARCO ‘Material Memoria’, o programa de artes escénicas e cine comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES. Nesta ocasión, con dúas propostas escénicas do autor portugués Rui Catalão: "Dentro das palavras" venres 29 de novembro, ás 19.30; "Avenida dos bons amigos" sábado 30 de novembro, ás 19.30.<br />

xoves, 28 nov 2013
1385634117ruicatalao.jpg
Rui Catalão
"Os meses previos á estrea de Dentro das palavras foron meses de loucura, sentimento de frustración, culpa, impotencia e fracaso. Hoxe sei que fixen unha peza lixeira, feliz e delicada, certamente repleta de momentos terribles, pero sempre nun ton luminoso e con bo humor, e nunha relación calorosa e íntima co público. Montei Dentro das palavras coma se estivese morto, ao mirar atrás, como nunha despedida. Maxicamente o pesadelo e a pena fóronse disipando, dando lugar á graza e o encantamento. Xulgaba que este o meu primeiro chan sería o meu último acto público. Ao tratarse dun testamento, escondín o pánico, e sinto que mostrei, nos límites das miñas capacidades, que as vivencias só merecen ser vividas se non nos deixamos martirizar polo sufrimento.
A nosa memoria non serve só para lembrar o pasado ou preparar estratexias para o futuro, é tamén un instrumento de repartición, no que se esboza un sentido de pertenza. O sentido da vida pode non existir por si mesmo aínda, pero sempre podemos inventalo. A única mentira da que me comprazo é a de parecer que non teño medo. É preferible avanzar con medo, facendo crer que non temos medo, que agochármonos, con medo a ter medo. Descubrín que vivía abraiado por unha multitude de personaxes que se cruzaran comigo, e que eu, ao desaparecer, estaría a participar tamén na súa desaparición. Con este solo descubrín o xeito de facelos revivir, a través do meu corpo, dentro das palabras. É un solo acompañado".

Rui Catalão
Usando a autobiografía, a historia recente dos lugares onde ten vivido, e unha perspectiva antropolóxica para crear ficcións, o traballo de Rui Catalão rolda as zonas de fronteira entre espazo privado e público, os temas da memoria, do azar, da fraxilidade e da transparencia, e de como o acto de contar historias altera a percepción dun corpo. É autor e intérprete dos solos Av. Dos Bons Amigos (2013) e Dentro das palavras (2010). En 2012 estreou Melodrama para 2 atores & um fantasma (con Cláudio da Silva e Sofia Dinger) e Manifesto de Goya, ambos presentados no Teatro Maria Matos.
Descargar todas as imaxes