Escoitar

O Concello oferta formación sobre fiscalidade, recursos humanos e xestión ás entidades deportivas

Responsables de entidades deportivas da cidade poderán acceder á formación sobre fiscalidade, recursos humanos e xestión administrativa grazas a unhas xornadas organizadas polo Concello co obxectivo de facilitar o funcionamento dos distintos clubes da cidade. As sesións serán os tres primeiros luns de decembro no Museo Verbum.

mércores, 27 nov 2013
1385557211deporte.JPG
O Concello organiza programas de formación no ámbito deportivo orientado aos responsables da gestión e funcionamento das entidades. Así o explicou hoxe mércores Abel Caballero nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por directivos de distintos equipos e modalidades da cidade. Trátase de facilitar a súa labor, dixo, debido ás esixencias establecidas na lexislación vixente que, en moitas ocasións, representan dificultades para os directivos.

O programa inclúe tres xornadas formativas que se desenvolverán no Museo Verbum os días 2, 9 e 16 de decembro, entre as 19,30 e as 21,30 horas. Unha das sesións estará adicada á fiscalidade nas entidades deportivas, a segunda, aos recursos humáns e a terceira, á xestión administrativa nas entidades deportivas.
Descargar todas as imaxes