xoves, 28 nov 2013
O rexedor informou este xoves dos últimos pagos validados polo Concello de Vigo, 108.000 euros adicados a subvencionar o fomento do emprego e case 85.000 máis para entidades e comedores sociais. Caballero denunciou o recorte das administracións autonómica e provincial aos comedores, "prácticamente sostidos" co apoio do goberno de Vigo.
xoves, 28 nov 2013
O alcalde participou este xoves na presentación en El Corte Inglés do centenario do club, "cen anos de deporte, de paixón, de calidade e de convivencia" que Caballero quixo "felicitar" no nome da cidade. Salientou ademais o traballo do Rápido cos máis pequenos, desde as categorías inferiores ata o primeiro equipo.
xoves, 28 nov 2013
Caballero fixo entrega este xoves da bandeira da cidade á nadadora viguesa, que, con so 15 anos, acudirá ao Campionato de España de piscina curta en Castellón, onde competirá contra as mellores do país. O alcalde afirmou que entrena en Teis "a mellor nadadora de Galicia deste momento".
Este venres e sábado, con dúas pezas escénicas de Rui Catalão<br />
<br />
Dentro das palavras/Avenida dos bons amigos
xoves, 28 nov 2013
Esta fin de semana continúa no Patio 1 da planta baixa do MARCO ‘Material Memoria’, o programa de artes escénicas e cine comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES. Nesta ocasión, con dúas propostas escénicas do autor portugués Rui Catalão: "Dentro das palavras" venres 29 de novembro, ás 19.30; "Avenida dos bons amigos" sábado 30 de novembro, ás 19.30.<br />
xoves, 28 nov 2013
A Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2)acolle a exposición "Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do espírito", con motivo do centenario do seu nacemento (1913-2013), organizada pola Fundación Penzol, coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.