venres, 29 nov 2013
O alcalde deu conta hoxe venres da adxudicación do precedemento para a contratación de obras de reforzo do asfaltado en 14 estradas de distintas parroquias da cidade. O orzamento ascende a case medio millón de euros.
venres, 29 nov 2013
O alcalde, Abel Caballero, e as organizadoras, Ángeles e Marta Díaz, presentaron este venres VI·KUL, o primeiro Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo, que traerá á cidade aos mellores bailarines e coreográfos nacionais e internacionais.
venres, 29 nov 2013
O concelleiro de Deportes presentou este venres o evento co presidente do club Zanshin de Vigo, organizador do mesmo. A cita, que acada a súa décimo quinta edición, terá lugar mañá sábado, 30 de novembro, no pavillón municipal do Berbés.
venres, 29 nov 2013
O alcalde avanzou hoxe venres que a xuíza Marisol López Martínez, titular do Xuzgado de Instrucción número 3 de Vigo, será este ano a responsable de redactar o bando do Día da Constitución. O acto oficial será o próximo venres 6 de decembro ás 12,00 horas na Casa Galega da Cultura. O rexedor animou a toda a cidade á participar desta conmemoración.
venres, 29 nov 2013
Co motivo da celebración dos seus 20 anos de andaina, o Consello Municipal da Muller de Vigo organiza varias actividades o vindeiro luns, 2 de decembro.<br />
<br />
venres, 29 nov 2013
A Concellería de Cultura e Festas convoca un ano máis o concurso "Vente cos Reis Magos", que ten por obxecto seleccionar a corenta nenas e nenos para acompañar aos Reis Magos, na Cabalgata de Reis, que terá lugar o domingo 5 de xaneiro.
venres, 29 nov 2013
Co fin de facilitar a mobilidade en xeral no centro da cidade, debido á maior afluencia de persoas e vehículos, co gallo das festas do Nadal, compre o establecemento de medidas provisorias na zona urbana interior ao arco delimitado polas rúas: Doutor Corbal, Bos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Avda. Martínez Garrido, Estación de Autobuses, Avda. Arquitecto Palacios, Avda. Castrelos, Avda. Portanet, Avda. Citroën, circunvalación Oeste ata Bouzas, establécense as<br />
seguintes restriccións: