Manel Fernández salienta a "repercusión e calidade" do Trofeo Cidade de Vigo de karate
O concelleiro de Deportes presentou este venres o evento co presidente do club Zanshin de Vigo, organizador do mesmo. A cita, que acada a súa décimo quinta edición, terá lugar mañá sábado, 30 de novembro, no pavillón municipal do Berbés.
O XV Trofeo Cidade de Vigo de karate celebrarase este sábado, 30 de novembro, no pavillón municipal do Berbés, un evento que é "todos os anos un éxito rotundo, un evento moi coñecido a nivel nacional", en verbas do presidente do club organizador, que sumará este ano novas modalidades en competición.
O presidente do Zanshin agradeceu o apoio dos patrocinadores, particularmente do Concello de Vigo, "sen o que non se podería celebrar este evento", e avanzou que mañá, xunto á competición, haberá unha demostración a cargo do club vigués.
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, amosou a súa "satisfacción" pola celebración dunha nova edición deste certame, un evento de "repercusión e calidade" que conta co respaldo do goberno de Vigo.
Descargar todas as imaxes