Escoitar

Exposición "Francisco Fernández del Riego. Cos collos do espírito"

A Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2)acolle a exposición "Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do espírito", con motivo do centenario do seu nacemento (1913-2013), organizada pola Fundación Penzol, coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.

xoves, 28 nov 2013
1385647180delriego1.jpg
A exposición aborda a vida e obra desta extraordinaria figura da cultura galega, nas súas facetas de escritor e dinamizador da nosa cultura, así como tamén do seu papel sobranceiro na política e na reconstrución cultural de Galicia, salientando a especial relación que tivo coa cidade de Vigo, a súa cidade de adopción, na que pasou a maior parte da súa vida e levou a cabo a case totalidade da súa obra.

Aínda que galego universal, a especial e continuada ligazón a Vigo convérteo nunha das figuras viguesas máis destacadas dos últimos tempos. A elección da Casa Galega da Cultura ven dada ao estar alí a súa biblioteca-arquivo e mailo seu museo, ademais de que exerceu de director da Fundación Penzol (con sede nese espazo).

Comisariada por María Dolores Cabrera Iglesias e María Dolores Villanueva Gesteira, a exposición contará con paneis e vitrinas con obxectos, documentos, libros e folletos dos fondos da Fundación Penzol e da biblioteca-arquivo que Del Riego doou á cidade de Vigo.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 26 de xaneiro de 2014.
Descargar todas as imaxes