As medidas de racionalización enerxética permiten ao Concello aforrar 1,1 millóns de euros nos últimos dous anos
O concelleiro de Fomento deu conta esta mañá dun aforro acumulado en consumos enerxéticos dun 20% na factura municipal. Isto supón que o gasto diminuiu este ano en 565.932 euros, unha cifra que sumada ao aforro do ano pasado elévase a 1,1 millóns de euros.
As políticas de eficiencia enerxética desenvolvidas desde o Concello de Vigo permitiron un aforro no alumeado público de preto do 10% no ano 2012, unha cifra que no que vai deste ano elévase xa ao 20%. Tal e como explicou en rolda de prensa o concelleiro de Fomento, David Regades, baixo este obxectivo, trabállase na instalación de reguladores, reducción de potencia, substitución de lámparas de vapor de mercurio por led ou socio, adianto e atraso no encendido, apagado selectivo e melloras na rede. No que vai de ano, explicou, o Concello aforrou en consumo 565.932 euros, unha cantidade que se eleva a 1,1 millóns de aforro acumulado desde 2012. Regades informou de que estes remanentes que se xeneran invírtense en seguir a modernizar as liñas e na continuidade da renovación do alumeado de xeito que sexa cada vez máis eficiente. Se temos en conta o aforro en edificios públicos, o aforro medio deste ano sitúase no 10%.
O gasto enerxético do Concello foi o ano pasdo de 3,2 millóns anuais no alumeado público, unha cifra á que houbo que sumar outros 2 millóns nos edificios municipais.
Descargar todas as imaxes
O gasto enerxético do Concello foi o ano pasdo de 3,2 millóns anuais no alumeado público, unha cifra á que houbo que sumar outros 2 millóns nos edificios municipais.