Escoitar

Ciclo de charlas "Historias vividas... e contadas polas súas protagonistas"

O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle o ciclo de charlas "Historias vividas... e contadas polas súas protagonistas" e que o martes, 26 de novembro ás 19:00 horas, entrevista a...MARGARITA VIÑAS por parte de Lola Gándara, escritora.<br /> <br /> <br /> <br />

luns, 25 nov 2013
Margarita Viñas Neira (Vigo, 1938)

Tatá, nome co que a coñecen as súas amizades cursou bacharelato no instituto de Santa Irene, licenciándose en Filosofía e Letras, sección de Pedagoxía na Universidade Complutense de Madrid. No curso 1979-71, xunto con outras 15 persoas, formou parte da médula espiñal dun proxecto tan novidoso como foi no seu día o colexio Martín Codax, centro que dirixiu ata o curso 2005. Pero antes disto Tatá tivo a oportunidade de exercer o seu maxisterio nunha das escolas unitarias públicas da cidade peor dotadas, a da Salgueira. Corría o ano 1962 e non só tiña que ocuparse de ensinar senón de atender outras necesidades máis básicas.