Escoitar

O Pleno acorda acometer a modificación da ordenanza do servizo dos autotaxis

Todos os grupos coincidiron ao valorar a necesidade de renovar a ordenanza reguladora do servizo de autotaxis para a cidade de Vigo. O grupo socialista aceptou esta moción porque vai na liña na que xa está a traballar o Goberno local.

luns, 25 nov 2013
A unanimidade do Pleno apoiou hoxe unha moción popular que propón a modificación da ordenanza reguladora do servizo de autotaxis paea a cidade de Vigo. O texto inclúe a necesidade de ter en conta aos profesionais e ás asociacións de maneira que fomen parte do equipo de traballo que redacte a modificación da ordenanza, así como a modificación da taxa. O grupo socialista avanzou a través do edil de Mobilidade, David Regades, que respaldaba a moción porque vai na vía do traballo que xa se está a acometer desde goberno local, xa que ata o de agora xa se apostaba por por apostar e potenciar modiante apoio técnico, e económico un servizo de transporte de pasaxeiros fundamental para a cidade de Vigo.

Outra das mocións do PP aprobadas hoxe insta acometer o acondicionamento e cesión dos locais do viveiro das asociacións San Francisco, actualmente dispoñibles para que poidan ser utilizados para a prestación dos servizos que SEREOS viña desenvolvendo ata o pasado mes de agosto. O texto obtivo o respaldo do BNG e o voto en contra do PSOE.