O Concello patrocina o Memorial Belarmino Alonso, a competición de campo a través máis antiga de Galicia
O próximo domingo, 24 de novembro, celebrarase a 35ª edición da proba, xunto ao campo de fútbol da Xunqueira, en San Andrés de Comesaña. Iniciado en 1978 como homenaxe ao directivo do Comesaña Sporting Club falecido un ano antes, o Memorial, descontando o campionato galego, é a competición de campo a través máis antiga de Galicia.
Decano do atletismo galego e terceiro máis antigo de España, o Comesaña Sporting Club organiza un ano máis -co patrocinio do Concello de Vigo- o Memorial Belarmino Alonso, que celebrarase este domingo, 24 de novembro, xunto ao campo de fútbol da Xunqueira, en San Andrés de Comesaña.
Este venres tivo lugar no Concello a presentación pública do evento, que dará comezo ás 10:15 horas cos atletas da categoría xuvenil e senior masculino para rematar coa última competición ás 13:40 horas, coas atletas de benxamín. Os máis pequenos completarán un percorrido de 645 metros e os promesa e senior masculino deberán correr algo máis de 9 quilómetros para finalizar a proba. As entregas dos premios darán comezo ás 12 horas.
O Memorial Belarmino Alonso naceu en 1978 para, sen ter en conta o campionato galego, converterse na competición de campo a través máis antiga de Galicia. A cita rinde homenaxe a Belarmino Alonso, directivo do club que faleceu en 1977.
Por este evento, nas disciplinas de Promesa e Senior, pasaron case todos os mellores atletas galegos e portugueses da especialidade. Para este domingo, cada 20 minutos haberá un servizo gratuíto de autobuses, de ida e volta, desde o circuíto ata os vestiarios con duchas das pistas de Balaidos.
Descargar todas as imaxes