mércores, 20 nov 2013
O alcalde, a concelleira de Igualdade e integrantes do Consello Municipal da Muller presentaron este mércores os actos organizados para o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O próximo luns, a cidade volverá formar en Urzáiz o tapiz humano realizado o ano pasado coa participación de 2.000 alumnos dunha treitena de colexios de Vigo.
mércores, 20 nov 2013
Abel Caballero deu conta hoxe mércores do inmediato inicio das obras de Tomás Alonso, no tramo que comprende desde a alameda de Suárez Llanos e a rúa Camilo Veiga. Cun importe de 1,6 millóns de euros, as obras arrancarán o próximo martes 26 e prolongaránse durante seis meses.
mércores, 20 nov 2013
Abel Caballero solicita á Xunta a presentar unha enmenda in voce aos orzamentos da Xunta para que a obra da Cidade da Xustiza poida licitarse no 2014. Durante a rolda de prensa, o rexedor ratificou que o Concello xa iniciou os trámites de enaxenación das vivendas e instou ao presidente galego a "cumprir con Vigo".
mércores, 20 nov 2013
Abel Caballero asistiu ao acto formal de inaguración da nova comisaría da Policía Nacional de Vigo. Estivo acompañado, entre outras autoridades, polo ministro de Interior, Jorge Fernández, ou delegado do Goberno, Samuel Juárez, entre outras moitos representantes da vida política e social da cidade.
mércores, 20 nov 2013
O concerto desta banda formaba parte do programa de Vigo en Festas e foi suspendido polo accidente ferroviario de Angrois. As entradas poranse á venda a principios do mes de xaneiro, a través do servizo Servinova (www.servinova.com) e no teléfono 902.504.500
Esta oportunidade levará aos actores seleccionados a promocionar unha nova marca e empresa galega
mércores, 20 nov 2013
A Escola Municipal de Teatro (EMT), dependente do Concello de Vigo, colabora coa axencia galega Elemental Chefs na realización dun casting para alumnos e exalumnos, o vindeiro mércores día 20 de novembro de 2013, de 16:00 a 17:30 horas.Esta oportunidade levará aos actores seleccionados a promocionar unha nova marca e empresa galega
mércores, 20 nov 2013
O programa "A telón quitao" é un espazo aberto a creatividade no que os alumnos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo (EMT) mostran as súas propias creacións artísticas.Este mostra desenvolverase un venres de cada mes e a primeira cita para este curso escolar 2013-2014 será próximo venres, 22 de novembro no auditorio da Escola Superior de Arte Dramático (ESAD), sito na rúa Poza Cabalo, s/n , ás 18:30 horas. A entrada será libre ata completar o aforo.