Escoitar
Esta oportunidade levará aos actores seleccionados a promocionar unha nova marca e empresa galega

A Escola Municipal de Teatro de Vigo colabora na realización dun casting para alumnos e exalumnos

A Escola Municipal de Teatro (EMT), dependente do Concello de Vigo, colabora coa axencia galega Elemental Chefs na realización dun casting para alumnos e exalumnos, o vindeiro mércores día 20 de novembro de 2013, de 16:00 a 17:30 horas.Esta oportunidade levará aos actores seleccionados a promocionar unha nova marca e empresa galega

mércores, 20 nov 2013
O obxectivo do casting é atopar dous homes de entre trinta e corenta anos, un home entre cincuenta e sesenta anos e unha muller de entre trinta e corenta anos. Todo aquel que xa non estea nestes tramos de idade, pero que semelle estalo, tamén poderá participar na proba.

Os actores elixidos participarán nunha campaña a nivel autonómico na que promocionarán unha marca e unha nova empresa galega.

Máis información:
EMT: 986485324