venres, 22 nov 2013
Así o comunicou este venres o alcalde, despois de ser aprobada na Xunta de Goberno Local a clasificación de ofertas para a contratación, por un importe de 90.000 euros anuais, deste servizo. Caballero recordou que o Concello asumiu este ano a teleasistencia tras a decisión da Deputación de deixar de prestalo.
venres, 22 nov 2013
Abel Caballero explicou que a reforma do treito entre a rúa Ourense e Doutor Marañón conlevará un investimento superior aos 1,2 millóns de euros e incluirá, xunto á reforma da superficie, a necesaria renovación das canalizacións de servizos soterrados, 900 metros liñais de abastecemento, saneamento e pluviais.
venres, 22 nov 2013
O próximo domingo, 24 de novembro, celebrarase a 35ª edición da proba, xunto ao campo de fútbol da Xunqueira, en San Andrés de Comesaña. Iniciado en 1978 como homenaxe ao directivo do Comesaña Sporting Club falecido un ano antes, o Memorial, descontando o campionato galego, é a competición de campo a través máis antiga de Galicia.
venres, 22 nov 2013
O luns, a cidade reedita o tapiz humano realizado o ano pasado coa participación de alumnado dos colexios de Vigo, co Co gallo do vindeiro 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade organizan a iniciativa Enlaza Vigo, para reflectir o compromiso real do conxunto da cidadanía no combate do terrorismo machista.
venres, 22 nov 2013
Os traballos artísticos contra a Violencia de Xénero realizados polo alumnado de trinta centros de ensino secundario de Vigo xa están expostos na rúa do Príncipe, fronte ao MARCO. Esta exposición colectiva amosará ata o vindeiro día 27 de novembro o compromiso do estudiantado da cidade na loita contra a violencia machista. Pódese visitar a exposición entre as 10:00 e as 20:00 horas.