xoves, 21 nov 2013
Abel Caballero acudiu este xoves ao Auditorio Municipal para a entrega de diplomas a 65 participantes do programa de emprego municipal "Imos Traballar 2", no que se forman 255 desempregados da cidade. Segundo informou Caballero, a porcentaxe de inserción laboral desta iniciativa supera o 50%.
xoves, 21 nov 2013
Abel Caballero avanzou hoxe xoves unha nova ubicación para o mercadiño de Bouzas, como consecuencia das obras de humanización da praza situada ao lado da igrexa. Este traslado a esta zona "espléndida" será definitivo, dixo.
xoves, 21 nov 2013
Abel Caballero inaugurou este xoves unha nova edición de Mostrarte con obras a cargos destes dous artistas, conceptuais, experimentadores e cunha ampla traxectoria. Mostrarte, a iniciativa cultural que leva a arte aos espazos da Alcaldía, supera xa os cincuenta autores en preto de trinta exposicións.
xoves, 21 nov 2013
O programa "A telón quitao" é un espazo aberto a creatividade no que os alumnos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo (EMT) mostran as súas propias creacións artísticas.
xoves, 21 nov 2013
Esta fin de semana continúa no Patio 1 da planta baixa do MARCO ‘Material Memoria’, o programa de artes escénicas e cine comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES. Nesta ocasión, proxectarase a película Arraianos, de Eloy Enciso, que será presentada polo propio autor.Dobre pase: venres 22 e sábado 23 de novembro, ás 19.30 Patio 1 (planta baixa) ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas<br />