Escoitar

O goberno local inicia o martes 26 as obras de humanización de Tomás Alonso, en Bouzas

Abel Caballero deu conta hoxe mércores do inmediato inicio das obras de Tomás Alonso, no tramo que comprende desde a alameda de Suárez Llanos e a rúa Camilo Veiga. Cun importe de 1,6 millóns de euros, as obras arrancarán o próximo martes 26 e prolongaránse durante seis meses.

mércores, 20 nov 2013
As obras de humanización do tramo de Tomás Alonso comprendido entre a alameda Suárez Llanos e a rúa Camilo Veiga arrancarán o próximo martes 26 e prologaránse durante 6 meses. Logo de ser aprobada a dirección facultativa e o Plan de Seguridade e Saúde, iniciánse de inmediato uns traballos que asdenden a 1,6 millóns de euros. Indicou en rolda de prensa que se acometerá a renovación de 1.500 metros de canalizacións, ademais de traballos de mellora en 350 metros liniais e nunha superficie de 4.500 m2. Ademais, colocaránse árbores e xardiñeiras, mantendo todas as prazas de aparcamento porque son precisas na zona, apuntou o rexedor. O rexedor "saudou esta obra porque Bouzas estaba abandonada", engadiu.