Vigo reedita o gran tapiz humano para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero
O alcalde, a concelleira de Igualdade e integrantes do Consello Municipal da Muller presentaron este mércores os actos organizados para o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O próximo luns, a cidade volverá formar en Urzáiz o tapiz humano realizado o ano pasado coa participación de 2.000 alumnos dunha treitena de colexios de Vigo.
Abel Caballero explicou que "contamos coa cooperación da maior parte dos centros de ensino medio da cidade" para o tapiz humano, formado o pasado ano por uns 2000 escolares de máis de 30 espazos educativos da cidade, que ocupará desde a farola de Urzáiz ata a rúa República Arxentina para converter a Vigo nun "clamor cidadá contra a terrible lacra que é a violencia de xénero".
Ás 12 horas dará comezo a formación de tapiz humano, pero desde as 10:30 horas iniciarase a xornada coa chegada dos participantes e distintos actos de animación, como malabares, parkour, breakdance, baile moderno... Ledicia Costas e Nuria Carballido condicirán o acto, que precisará do peche ao tráfico do centro da cidade.
En paralelo, segundo explicou Caballero, o Concello e o Consello Municipal da Muller organizan unha exposición colectiva contra o violencia de xénero, do 21 ao 27 de novembro, a cargo de alumnado de 29 colexios vigueses. Os traballos serán expostos na rúa do Príncipe, en distintas expresións artísticas como pintura, debuxo, collage, graffitti e textos. O alcalde invitou a toda a cidadanía a achegarse e participar nos paneis ubicados fronte ao MARCO.
Abel Caballero concluíu animando á cidadanía, institucións e colectivos a que "levantemos a voz" e participar dos actos organizados contra a violencia de xénero, en "recordo de todas aquelas mulleres que o pagaron coa súa vida e tamén na defensa das que o están a pagar de forma oculta".