Expresión artística fronte á Violencia de Xénero
Os traballos artísticos contra a Violencia de Xénero realizados polo alumnado de trinta centros de ensino secundario de Vigo xa están expostos na rúa do Príncipe, fronte ao MARCO. Esta exposición colectiva amosará ata o vindeiro día 27 de novembro o compromiso do estudiantado da cidade na loita contra a violencia machista. Pódese visitar a exposición entre as 10:00 e as 20:00 horas.
As persoas que se achegan estes días á rúa do Príncipe tamén terán a oportunidade de deixar mensaxes e debuxos para expresar o seu rexeitamento á violencia contra as mulleres a través dos espazos reservados para a libre expresión.
Esta iniciativa forma parte da programación de Enlaza Vigo, organizado pola Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O vindeiro luns, 25 de novembro, celebrarase o acto central coa formación dun gran tapiz humano, no que se agarda a participación de case 2.000 alumnos e alumnas da cidade.
Descargar todas as imaxes