Declaración institucional do Pleno polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Perante o Pleno celebrado hoxe luns, Ana Pérez, en representación do Consello Municipal da Muller e por acordo deste, deu lectura a unha declaración institucional polo 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
25 DE NOVEMBRO. DíA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Un ano máis , atopámonos aquí denunciando a violencia machista, esta lacra social exercida contra as mulleres.
Dende o ano 2003, ata outubro do 2013, foron asasinadas pola violencia machista 710 mulleres no Estado, e 7 crianzas.Este é un terrorismo atroz e silenciado porque unha parte importante sucede dentro das casas. Hai nada escoitabamos a través dos medios de comunicación, e algunhas quedabamos anonadadas, a nova metodoloxía que definen como pioneira, que vai aplicar o goberno do Estado para cualificar os casos de violencia machista cando exista un dano físico. Este cambio racha coa definición que se considera no marco normativo actual do que é a violencia de xénero, ao contemplar só a violencia física que deixe secuelas para as cales se precise estar ingresasda cando menos 24h, e tamén para os casos onde a malleira que reciba a muller leve a que lles custe aos familiares identificala. Isto vai ter enormes repercusións porque está a causar o efecto contrario do que supostamente sería rematar coa violencia, vai deformar ou deturpar a realidade. Con esta cuestión transmítese unha mensaxe subliminal "-que só pasa a ser violencia machista aquela que ten carácter moi grave e que precise de ingreso hospitalario". Agora ben , esta alternativa será un indicador parcial, co risco de invisibilizar a violencia machista contra as mulleres, nun momento no que están aumentando as mortes das crianzas e que a porcentaxe de violencia machista aumentou un 35% entre os rapaces de 13 a 20 anos.
Actualmente, estanse a deseñar novas lexislacións que van a substituir as anteriores e que nin se contemplan na igualdade legal. Está pendente á aprobación do anteproxecto da Lei órganica do Código Penal :a intención de lexislar contra á actual interrupción voluntaria do embarazo; o novo Anteproxecto da reforma do Código Civil para o Estado, que vai regular a custodia compartida; a Lei de educación LOMCE, que permite a segregación por sexos. Todas elas contribúen ao empeoramento das condicións de vida das mulleres, someténdonos a unha sociedade desigual e discriminatoria cara ás mulleres, mozas e nenas. Nos últimos anos está a se producir un descenso das denuncias porque os recursos cada vez son menores e a sensibilidade das persoas dos diferentes ámbitos policial, sanitario, xudicial e educativo, minguou significativamente.
Dende o Concello de Vigo, solicitámoslles aos medios de comunicación que traten a violencia machista co tratamento que corresponde, que non o están a facer. Pedímoslle a toda a cidadanía que saia á rúa contra a violencia machista. A todos os estamentos públicos que nos apoien nas nosas reivindicacións. Aos gobernos, que non se mermen as políticas de igualdade, senón que se fagan políticas para acadar unha igualdade real entre homes e mulleres e que entre todas as persoas do mundo rematemos con esta lacra que non nos permite vivir.