Vigo reedita o gran tapiz humano para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero
1.700 rapaces e rapazas de 23 centros escolares da cidade conformaron este luns un gran mosaico en Urzáiz para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O Consello Municipal da Muller e o Concello de Vigo chamaron a rematar contra esta "lacra", para gardarse posteriormente un minuto de silencio.
Ana Pérez, en representación do Consello Municipal da Muller, e Abel Caballero, en representación da Corporación Municipal, deron lectura a sendas declaracións institucionais en contra da violencia machista. Posteriormente gardouse un minuto de silencio e conformouse o gran tapiz humano.
Ás 12 horas deu comezo a formación de tapiz humano, pero desde as 10:30 horas iniciouse a xornada coa chegada dos participantes e distintos actos de animación, como malabares, parkour, breakdance, baile moderno... Ledicia Costas e Nuria Carballido conduciron o acto.
En paralelo, o Concello e o Consello Municipal da Muller organizaron unha exposición colectiva contra o violencia de xénero, desde o pasado 21 ao 27 de novembro, a cargo de alumnado de 29 colexios vigueses. Os traballos están expostos na rúa do Príncipe, en distintas expresións artísticas como pintura, debuxo, collage, graffitti e textos.
Descargar todas as imaxes