O Concello rexeita "desmantelar" o 065 e pide á Xunta que deixe sen efecto o recorte
O grupo municipal socialista presentou e aprobou, xunto ao BNG, unha moción na que insta ao goberno autonómico a deixar sen efecto o "desmantelamento" do 065 de transporte para persoas con problemas de mobilidade. O texto denuncia que o servizo deixaría de ser regular para converterse en puntual e introduciría o copagamento.
O Pleno aprobou este luns unha moción presentada polo grupo socialista e apoiada polo nacionalista rexeitando "desmantelar" o servizo 065 e reclamando á Xunta de Galicia que deixe sen efecto este recorte.
Coa oposición do PP, o texto aprobado censura a "última e insensible medida" adoptada polo goberno autonómico, que prevé deixar de subvencionar o traslado diario ou semanal dos dependentes aos centros asistenciais e mantelo só para "casos puntuais", o que "na práctica suporá, segundo denuncian xa varias asociacións, que os usuarios terán que renunciar aos seus tratamentos".
A moción indica que este servizo pasará a ter un tope de diez viaxes mensuais e introducirá o copagamento: "non podemos tolerar que a Xunta de Galicia, en aras da austeridade, profundice na discriminación, desmantelando o servizo do 065 que obrigará a que moitos usuarios renuncien aos seus tratamentos", conclúe o acordo.
Outros acordos
O Pleno deu tamén luz verde a dúas mocións máis impulsadas polo PSdeG. O Concello decidiu por unanimidade instar á Deputación de Pontevedra a que acometa as obras de mantemento, asfaltado e limpeza da estrada PO-7004, Gran Via-Avenida de Madrid/Estrada Provincial, viais de competencia provincial.
En segundo lugar, socialistas e nacionalistas -coa negativa do PP- instaron ao goberno central a retirar o proxecto de lei do sector eléctrico e derrogar as normas "que amenazan con poñer fin ao desenvolvemento das enerxías renovables". Tamén se require do Estado respectar os compromisos internacionais para a redución da emisión de gases de efecto invernadoiro, ao tempo que o Concello se compromete a implementar medidas de eficiencia enerxética e apoio ás renovables. Enmendada polo BNG, o texto tamén engadiu unha solicitude ao goberno estatal a que Galicia, "como territorio excedentario na producción de enerxía eléctrica, sexa compensada e que por suportar os custos sociais e medioambientais das instalacións da produción debe ter un prezo propio".